xoves, 9 de abril de 2015

SOCORROOOO, AXUDAAA!!! O CAPITÁN GARFIO LEVOU O POLVO DE FADA DE CAMPANILLA

PARA CONTINUAR COA MOTIVACIÓN DO NOVO PROXECTO, HOXE POLA MAÑÁ AO CHEGAR A AULA DAS BOLBORETAS, ATOPÁMONOS QUE TODO ESTABA A ESCURAS E DETRÁS DA PORTA HABÍA UNHA BOLSA DA QUE SAÍA UN GORRO DE PIRATA E DENTRO, UNHA PALLIÑA DE CAMPANILLA CUN PAPEL.
APRESURÁMONOS A COLLER TODO E LEVALO AO RECUNCHO DA ASAMBLEA PARA PODER AVERIGUAR O QUE DICÍA A MENSAXE OCULTA DENTRO DA PALLIÑA.
ERA UNHA MENSAXE DE AUXILIO DE PETER PAN E CAMPANILLA, PORQUE GARFIO LLES ROUBARA O POLVO DE FADAS.
AMOSÁRONNOS UN MAPA, TIVEMOS QUE INTERPRETALO (COUSA QUE NON FIXERAMOS ATA AGORA), PARA PODER ASÍ ATOPAR O POLVO DE FADAS.
UNHA VEZ ATOPADO,TIVEMOS QUE COMPROBAR SI ERA POLVO DE FADAS DE VERDADE.
BOTADE UNHA OLLADA PARA VER COMO O FIXEMOS.
POLVO DE FADAS - Kizoa Movie Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS