luns, 13 de abril de 2015

AS PEGADAS MISTERIOSAS

Esta avaliación en Infantil traballamos o proxecto "¡CUIDADO CON EL PUCHERO! MALVADOS DE CUENTO", agardamos que disfrutedes moito das actividades e que sigades participando tanto coma nos outros proxectos, MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POR AXUDARNOS TANTO. Para introducir este tema, atopamos nas clases unhas pegadas misteriosas e unhas pistas para saber a quen pertencían. Na aula de 4 anos atopamos unha pegadas, unha cesta con doces e zume e unha carta terrorífica; despois de moito pensar descubrimos que era a cesta de Carapuchiña e que esas pegadas eran... DE LOBO!!! Pasamos un pouco de medo pensando que o lobo aínda estaba na escola pero relaxámonos e merendamos as cousas saborosas da cesta de Carapuchiña. Tamén contamos o conto e vimos unha pequena película. Despois fixemos unha cesta de Carapuchiña e pegámoslle os alimentos. Para rematar fixemos un debuxo sobre o tema. Disfrutamos moito con estas actividades e estamos nerviosos/as agardando a seguinte sorpresa! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19532387k7999784o1l1/el-lobo-inf-4-anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS