luns, 30 de marzo de 2015

PINTAMOS A TODA VELOCIDADE

A clase dos peixiños decidiu rematar o segundo trimestre facendo ARTE. Como estábamos a traballar co tema da COCIÑA e os ALIMENTOS acordamos facer a nosa arte con elementos relacionados co tema. O primeiro día descubrimos o que é unha centrifugadora de verduras e aprendimos a pintar a "TODA MÁQUINA". O principio pensabamos que a mestra toleara... COMO ÍAMOS PINTAR CON SEMELLANTE OBXECTO!! Pero o final resulta que nos encantou facer o noso SALVAMANTEIS a TODA VELOCIDADE. E NON PENSEDES QUE FOI FÁCIL!. Costounos bastante darlle voltas o "aparatiño" MIRADE, MIRADE!!

xoves, 26 de marzo de 2015

MÁIS NEVE!

A CLASE DOS PEIXIÑOS GUSTOUNOS TANTO ISTO DE FACER NEVE QUE QUIXEMOS PROBAR NOVAS RECETAS. BOTADE UNHA OLLADA!!!

VISITA Ó ALCAMPO

Os peques do cole de abaixo estamos apredendo moitas cousas sobre os alimentos e que mellor maneira de coñecelos que visitar o Alcampo. Alí vimos que hai moitos tipos de peixes e mariscos, aprendimos como se fai o pan e como se corta e envasa a carne entre outras cousas. PASÁMOLO XENIAL!

Rematamos a 2º avaliación

Despois de meses traballando sobre Alimentos e Cociña, estamos moi contentos coas nosas actividades. Para finalizar fixemos a portada dos nosos traballiños, pintando cun garfo! agardamos que disfrutedes moito das nosas actividades. Estamos desexando coñecer o novo proxecto! Boas vacacións! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19105592k5564178o1l1/pascuai4

mércores, 25 de marzo de 2015

EXPERTOS NO ESPAZO

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19083291k2998280o1l1/expertos-no-espacio

BOLBORETAS NO ESTÓMAGO

ONTE NO ALMORZO FIXEMOS ALGO ESPECIAL, COA FROITA QUE TOCABA QUIXEMOS XOGAR.
UN POUQUIÑO DE PACIENCIA E MOITA CONCENTRACIÓN, MIRADE O QUE FIXEMOS DEIXANDO VOAR A NOSA IMAXINACIÓN...
BOLBORETAS NO ESTÓMAGO - Kizoa Movie Maker

CHEGOU A PRIMAVERA, ÉPOCA DE CONTRASTES...

FAI MÁIS DE DÚAS SEMANAS,COMEZAMOS A FALAR DE QUE MOI CEDO CHEGARÍA A PRIMAVERA E QUE ERA UNHA ESTACIÓN DE MOITOS CONTRASTES.
NA PRIMAVERA, O MESMO CHOVE QUE VAI SOL,O MESMO VAI FRÍO,QUE VAI CALOR,...
POIS COMO DUNHA ÉPOCA DE CONTRASTES SE TRATA, TRABALLAMOS OS CONTRASTES DE SABORES, PROBANDO E DIFERENCIANDO O SABOR DOCE,O SALADO E O AMARGO, PERO TODO ISTO FACENDO A NOSA PROPIA OBRA DE ARTE.
DISFRUTÁDEA!!!
CHEGA A PRIMAVERA - Kizoa Movie Maker

VOLVE MINNIE MOUSE

Que sorpresa!!! O outro día chegamos a clase e estaba Minnie Mouse. Díxonos que lle gustou tanto a nosa escola que tiña que volver, e esta vez trouxo un conto "chulísimo" e un agasallo. As mestras non entendían o que poñía o conto porque estaba escrito en francés así que tivo que lelo Minnie.... E para que vaiamos aprendendo máis palabras en francés agasallounos cun diccionario de pictogramas. MOITAS GRAZAS MINNIE. VOLVE PRONTO!!!! PODEDES VER TODAS AS FOTOS CLICANDO NA CÁMARA

venres, 13 de marzo de 2015

PROBAMOS SABORES!

Neva na clase dos peixiños!

Zoe e Daniel preparan doces

Os nenos e nenas de 4 anos, fixéronse cociñeiros e cociñeiras. ZOE e DANIEL trouxeron ao cole a mostra das súas receitas. Zoe agasallounos cunhas filloas moi boas. Daniel fixo cos seus pais unha receita alemana, Phannkuchen. Gustáronnos moito estes doces!
 Moitas grazas pola vosa participación!


ARTE CON ALIMENTOS

Grazas ao proxecto de Cociña e Alimentos, descubrimos cousas moi sorprendentes, como que moitos artista deseñan os seus cadros inspirándose nos alimentos. Vimos cadros de Giusseppe Arcimboldo, Andy Warhol ou Diego Velázquez. Despois de ver e comentar os cadros, decidimos crear os nosos propios cadros con alimentos.
Para esta actividade empregamos legumes, cola, cartulina, purpurina e moldes para madalenas. Agardamos que vos guste moito A NOSA ARTE!

O LIBRO VIAXEIRO DAS NOSAS RECEITAS

Grazas a participación de todas as familias da aula, conseguimos facer un libro de receitas. O libro visitará a casa de cada neno/a da aula. Disfrutamos moito falando das nosas receitas e de como preparamos cada prato na nosa casa.  Agardamos que disfrutedes moito coa visita do noso libro viaxeiro de receitas!
Sen a vosa axuda esta actividade non sería posible.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!


xoves, 12 de marzo de 2015

UN RAIO DE SOL DESLUMBRA NA CLASE DE TRES ANOS

SEGUIMOS TRABALLANDO A MOTRICIDADE FINA, PERO NESTA OCASIÓN ACOMPAÑÁMOLA DE GRAN ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN.
CON ESTA ACTIVIDADE APROVEITAMOS TAMÉN PARA REFORZAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS E AS CORES.
UN RAIO DE SOL - Kizoa Movie Maker

Camiña con nós pola igualdade

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d18741030k5545085o1l1/camia-con-ns-pola-igualdade

martes, 10 de marzo de 2015

XOGAMOS CO NOSO TÍTERE

¿E POR QUE NON PODE SER DIVERTIDO TRABALLAR A COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL A PARTIRES DUN BONECO FEITO CON MATERIAL DE REFUGALLO?
BOTADE UNHA OLLADA E XA VEREDES...
 
XOGAMOS CO NOSO TÍTERE - Kizoa Movie Maker

luns, 9 de marzo de 2015

FACEMOS ZUME DE LARANXA

O SIMPLE FEITO DE FACER UN ZUME DE LARANXA,PODE PARECER MOI SINXELO PARA UN ADULTO, PERO HOXE NA CLASE DAS BOLBORETAS RESULTOU UNHA TAREFA DO MÁIS DIVERTIDA PERO NON TAN DOADA COMO PARECE.
TRABALLÓUSE A MOTRICIDADE FINA FACENDO PRESIÓN COAS MANS E EMPREGANDO DOUS EXPRIMIDORES,UN MANUAL E OUTRO ELÉCTRICO.
HOUBO A QUEN LLE COSTOU MÁIS E A QUEN MENOS,PERO Ó FINAL CONSEGUÍMOLO.
BOTADE UNHA OLLADA...
PREME AQUÍ ABAIXO PARA PODER VELO.
FACEMOS ZUME DE LARANXA - Kizoa Movie Maker

domingo, 8 de marzo de 2015

O COCIÑEIRO MATEO

O noso compañeiro de clase, Mateo, tróuxonos a aula un prato cociñado por el, SUSHI. Díxonos como o cociñara e despois probamos o sushi. Estaba moi bo! MATEO É UN COCIÑEIRO DE PRIMEIRA! MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO COA CLASE!

A NOSA MARACA

Esta semana coñecemos diferentes tipos de alimentos, entre eles AS LEGUMES. Despois de velas, tocalas, xogar con elas, ver as súas utilidades... decidimos facer unha maraca. disfrutamos moito facendo este instrumento. Agardamos que disfrutedes moito coa nosa música!

sábado, 7 de marzo de 2015

CANCIÓN "LAS COMIDAS DIARIAS"



CANDO COMEZAMOS ESTE PROXECTO NA CLASE DAS BOLBORETAS, A MESTRA NON FACÍA MÁIS QUE PREGUNTARNOS CÓMO SE CHAMABAN AS COMIDAS QUE FACIAMOS AO LONGO DO DÍA.
NÓS, SEMPRE LLE CONTESTABAMOS O MESMO: "POIS COMIDA".
- ENTÓN, POLA MAÑÁ QUE É O QUE TOMAMOS?- PREGUNTABA ELA.
- POIS COMIDA- DICÍAMOS NÓS.
- E A MEDIA MAÑÁ?
-COMIDA TAMÉN.....
- E POLA NOITE?
- COMIDA.
FOI POR ISO QUE A MESTRA PÚXOSE A PENSAR COMO PODERIAMOS SOLUCIONAR ESTO DOS NOMES DAS COMIDAS DIARIAS...
E ASÍ INVENTOU ESTA CANCIÓN QUE ESTAMOS A TRABALLAR AGORA NA CLASE.
NON QUEREMOS ESQUECERNOS DE AGRADECER, ANTE TODO, A LABOR DA MESTRA DE MÚSICA, XA QUE FOI A QUE CONSEGUIU PÓR MELODÍA A ESTA BONITA CANCIÓN.
SEGURO QUE A PARTIRES DE AGORA, TEREMOS CLARO O NOME DE TODAS AS COMIDAS DIARIAS.

ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS.

UNHAS FROITAS ESPECIAIS

SE PENSADES QUE UNHAS BANDEXAS DE CARTÓN SÓ SERVEN PARA REPOSTERÍA, BOTADE UNHA OLLADA ÁS NOSAS...

venres, 6 de marzo de 2015

NEVA EN CHANS!!!

OS PREPARATIVOS DO PHOTOCALL

PREPARACIÓN DEL PHOTOCALL on PhotoPeach

QUEN SERÁ, SERÁ?

OLA FAMILIAS, COMO XA SABEDES ESTAMOS TRABALLANDO NO PROXECTO DE COCIÑA E ALIMENTOS. UN DÍA, FALANDO DAS FROITAS, SAIRON NA CONVERSACIÓN OS COÑECIDOS "EPI Y BLAS" E TIVEMOS UNHA IDEA BRILLANTE COA QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN. ESPERAMOS QUE VÓS TAMÉN DISFRUTEDES.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!

ENTROIDO 2015

Este trimestre traballamos coa cor azul. Moitas gracias familias pola vosa colaboración

mércores, 4 de marzo de 2015

PAN

Esta avaliación estamos traballando o proxecto "Cociña e Alimentos", polo que unha das actividades que fixemos foi FACER PAN. Esperamos que disfrutedes moito coa presentación, nos pasámolo xenial con esta actividade!

CANCIÓN DE LAS FRUTAS



VIDEO


AQUI VAI UNHA CANTIGA PARA QUE REFORCEMOS O BÓ E SAUDABLE QUE É COMER FROITA

UNHA MERENDA PANTASMAGÓRICA

CUN SIMPLE PLÁTANO E UNHAS POUCAS PEBIDAS DE CHOCOLATE,FIXEMOS UNHA MERENDA MOI PANTASMAL... QUE DIVERTIDO É ALMORZAR EN CHANS!!!