sábado, 7 de marzo de 2015

CANCIÓN "LAS COMIDAS DIARIAS"



CANDO COMEZAMOS ESTE PROXECTO NA CLASE DAS BOLBORETAS, A MESTRA NON FACÍA MÁIS QUE PREGUNTARNOS CÓMO SE CHAMABAN AS COMIDAS QUE FACIAMOS AO LONGO DO DÍA.
NÓS, SEMPRE LLE CONTESTABAMOS O MESMO: "POIS COMIDA".
- ENTÓN, POLA MAÑÁ QUE É O QUE TOMAMOS?- PREGUNTABA ELA.
- POIS COMIDA- DICÍAMOS NÓS.
- E A MEDIA MAÑÁ?
-COMIDA TAMÉN.....
- E POLA NOITE?
- COMIDA.
FOI POR ISO QUE A MESTRA PÚXOSE A PENSAR COMO PODERIAMOS SOLUCIONAR ESTO DOS NOMES DAS COMIDAS DIARIAS...
E ASÍ INVENTOU ESTA CANCIÓN QUE ESTAMOS A TRABALLAR AGORA NA CLASE.
NON QUEREMOS ESQUECERNOS DE AGRADECER, ANTE TODO, A LABOR DA MESTRA DE MÚSICA, XA QUE FOI A QUE CONSEGUIU PÓR MELODÍA A ESTA BONITA CANCIÓN.
SEGURO QUE A PARTIRES DE AGORA, TEREMOS CLARO O NOME DE TODAS AS COMIDAS DIARIAS.

ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS