luns, 20 de febreiro de 2017

SORPRESA!

Os nenos e nenas de 3 anos atopamos un agasallo moi especial na aula... SELOS DE MADEIRA PARA ESTAMPAR LETRAS!!! Puxémonos moi ledos! e axiña comezamos a actividade. Primeiro buscamos as letras dos noso nome e despois estampámolas na cartolina. Posteriormente pegamos un cadrado na folla e realizamos liñas rectas de moitas cores para practicar a grafomotricidade. Rematamos esta actividade moi alegres co resultado e decoramos a aula. Cada cartolina foi unha cousa diferente: araña, sol, cempés, xoaniña, unha cabeza con moitos brazos... cada artista puxo un nome diferente a súa obra. Agardamos que gocedes do noso traballo!


venres, 17 de febreiro de 2017

O MONSTRO DE CORES

Despois de ver, escoitar e ler o conto O MONSTRO DE CORES, decidi,os que debía vivir na nosa aula. Comezamos a colorear e pegar distintos materiais. Aínda non están rematados... NON SEXADES IMPACIENTES.... AXIÑA VOS MOSTRAREMOS O RESULTADO FINAL

 

mércores, 15 de febreiro de 2017

UN BEBEDIZO MÁXICO

FIXEMOS UN BEBEDIZO MÁXICO PARA ESTAR MÁIS FORTES E NON ACATARRARNOS

PARÉCESE MOITO O ZUME DE LARANZA MÁIS ESTE LEVA OLLOS DE SERPE, ESCAMAS DE DRAGÓN ...E OUTRAS COUSAS MÁXICAS...




mércores, 8 de febreiro de 2017

FACEMOS MAXIA COA BRUXA EMMA

O ALUMNADO DE CATRO ANOS RECIBIU A VISITA DUNHA BRUXA MOI BOA.
VIÑA ACOMPAÑADA DUNHA AXUDANTE ESPECIAL, DANIELA...QUE  LEMBRÁBANOS A UNHA NENA MOI COÑECIDA...
 FIXO MAXIA: CALABRÍN CALABRESA
 POR DIANTE E POR DETRÁS

E AS MANS, COS FEITIZOS, DE CORES VERÁS

luns, 6 de febreiro de 2017

Paul Klee co noso corpo



O alumnado de catro anos está a desenvolver unha actividade creativa baseada no pintor Paul Klee.

Na aula de psicomotricidade xogaron a facer as figuras dos cadros cos seus corpos


                                                                  TRIÁNGULO
 
                                                               
                                                                     RECTÁNGULO               
                                      

                                                                           CÍRCULO


                                                                       CADRADO