Os nenos e nenas de 3 anos atopamos un agasallo moi especial na aula... SELOS DE MADEIRA PARA ESTAMPAR LETRAS!!! Puxémonos moi ledos! e axiña comezamos a actividade.
Primeiro buscamos as letras dos noso nome e despois estampámolas na cartolina. Posteriormente pegamos un cadrado na folla e realizamos liñas rectas de moitas cores para practicar a grafomotricidade.
Rematamos esta actividade moi alegres co resultado e decoramos a aula. Cada cartolina foi unha cousa diferente: araña, sol, cempés, xoaniña, unha cabeza con moitos brazos... cada artista puxo un nome diferente a súa obra.
Agardamos que gocedes do noso traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS