luns, 30 de marzo de 2015

PINTAMOS A TODA VELOCIDADE

A clase dos peixiños decidiu rematar o segundo trimestre facendo ARTE. Como estábamos a traballar co tema da COCIÑA e os ALIMENTOS acordamos facer a nosa arte con elementos relacionados co tema. O primeiro día descubrimos o que é unha centrifugadora de verduras e aprendimos a pintar a "TODA MÁQUINA". O principio pensabamos que a mestra toleara... COMO ÍAMOS PINTAR CON SEMELLANTE OBXECTO!! Pero o final resulta que nos encantou facer o noso SALVAMANTEIS a TODA VELOCIDADE. E NON PENSEDES QUE FOI FÁCIL!. Costounos bastante darlle voltas o "aparatiño" MIRADE, MIRADE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS