xoves, 9 de abril de 2015

QUE ESTÁ A PASAR EN CHANS??

Hoxe cando os peixiños chegamos a clase estaba todo escuro e revolto. Que pasaría?..

Pois que o Capitán Gafio andaba a facer das súas.

Había unha nota de Campanilla e Peter Pam pedindo axuda para atopar o po de fada que lles quitou Garfio. Tamén había un mapa para poder atopalo. Tivemos que interpretar o mapa e buscar todas as pistas... buscamos polo areeiro, nas casiñas...ata que chegamos o punto que marcaba o mapa (a cociña da clase) e atopamos o po. Pero aínda tíñamos outra misión ... descubrir se era o autentico e para iso tiñamos que mesturalo co zume dun limón e se saía espuma era o po máxico. MISIÓN CUMPRIDA!!! QUE MÁIS SORPRESAS NOS AGARDAN?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS