luns, 27 de abril de 2015

O COELLO SEBASTIÁN

O MARTES PASADO, AS BOLBORETAS E OS PEIXIÑOS TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL,XA QUE UN COELLO CHAMADO SEBASTIÁN VEUNOS VISITAR.
A PROFE ANA CONTÓUNOS MOITAS COUSAS SOBRE ÉL E PUIDEMOS TOCALO, DARLLE ALOUMIÑOS E ATA DARLLE DE COMER.
FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL!!!
O coello Sebastián - Kizoa Movie Maker

mércores, 22 de abril de 2015

O CORO DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 4 anos participamos no Coro das emocións. Disfrutamos moito preparando as nosas cancións e facendo as nosas camisetas emocionadas. Decidimos debuxar na nosa camiseta os malos dos contos, xa que é o proxecto que estamos traballando esta avaliación. Estamos moi contentos porque nos aplaudiron moito!!! Gustounos moito participar!!! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19773710k9974123o1l1/coro-das-emocions

luns, 20 de abril de 2015

CONTOS

Estes son os contos dos que disfrutamos esta mañá.
MOITAS GRAZAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS DO IES CARLOS CASARES


CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CARLOS CASARES

Os mozos e mozas do IES Carlos Casares visitáronnos hoxe e contáronnos moitos contos. Disfrutamos moito coa súa visita e agardamos que nos volvan visitar pronto. MOITAS GARZAS!!! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19704651k4141900o1l1/contos-instituto

AS FABAS MÁXICAS

Cando chegamos a clase atopamos un caldeiro con fabas e unha carta. Despois de ler a carta decidimos ler o conto de "JUAN Y LAS HABICHUELAS MÁGICAS". Máis tarde metemos as sementes nun vaso con algodón e anotamos todos os pasos nunha ficha. Agora temos que agardar a que nazan as nosas plantas. Estamos anotando o que pasa cada día, aínda non agromaron,... HAI QUE TER PACIENCIA. Cando remetemos a nosa actividade subiremos máis fotos. http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19703693k3221139o1l1/las-habichuelas-magicas

venres, 17 de abril de 2015

LEIRE CONVIDOÚNOS A ALMORZAR

Onte Leire convidóunos a almorzar e cos "huesitos" que trouxo quixemos xogar.
O seu nome construimos e nun "pispas" nolo comimos.

xoves, 16 de abril de 2015

UNHA DE LOBOS

UNHA CANTIGA DE LOBOS PARA DIVERTIRSE TODOS OS CHANCIÑAS

ALMORZÁMONOS A PRIMAVERA

 OS NENOS DE TRES ANOS HOXE TIVEMOS UN ALMORZO UN TANTO ESPECIAL.
A MESTRA POLA MAÑÁ DÍXONOS: "Hoxe imos comernos á primavera".
E POR QUE NON FACER UNHA MERENDA DIVERTIDA AO MESMO TEMPO QUE TRABALLAMOS?
POIS CO FIN DE REPASAR CONCEPTOS XA TRABALLADOS E REFORZAR OUTROS COS QUE ESTAMOS  AGORA, FIXEMOS O NOSO ALMORZO PARTICULAR PERO SEN SALTARNOS O QUE TOCABA HOXE: AS GALLETAS.

AS FABAS MÁXICAS

SEGUINDO CO PROXECTO E XA MÁIS QUE MOTIVADOS, MIRADE O QUE PASOU O MARTES NA CLASE DE TRES ANOS.
AS FABAS MÁXICAS - Kizoa Movie Maker

luns, 13 de abril de 2015

CONTO CON LINGUAXE DE SIGNOS

O venres 27 de marzo disfrutamos dun conto con LSE. disfrutamos moito recordando palabras que aprendimos co proxecto AS MANS, ademáis ensináronnos novas palabras. Moitas grazas por esta actividade!!!



THIAGO FAI DOCES!

Thiago tróuxonos a clase uns doces feitos por el para que comecemos con bo sabor de boca a nova avaliación. Moitas grazas Thiago!!!


AS PEGADAS MISTERIOSAS

Esta avaliación en Infantil traballamos o proxecto "¡CUIDADO CON EL PUCHERO! MALVADOS DE CUENTO", agardamos que disfrutedes moito das actividades e que sigades participando tanto coma nos outros proxectos, MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POR AXUDARNOS TANTO. Para introducir este tema, atopamos nas clases unhas pegadas misteriosas e unhas pistas para saber a quen pertencían. Na aula de 4 anos atopamos unha pegadas, unha cesta con doces e zume e unha carta terrorífica; despois de moito pensar descubrimos que era a cesta de Carapuchiña e que esas pegadas eran... DE LOBO!!! Pasamos un pouco de medo pensando que o lobo aínda estaba na escola pero relaxámonos e merendamos as cousas saborosas da cesta de Carapuchiña. Tamén contamos o conto e vimos unha pequena película. Despois fixemos unha cesta de Carapuchiña e pegámoslle os alimentos. Para rematar fixemos un debuxo sobre o tema. Disfrutamos moito con estas actividades e estamos nerviosos/as agardando a seguinte sorpresa! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19532387k7999784o1l1/el-lobo-inf-4-anos

xoves, 9 de abril de 2015

QUE ESTÁ A PASAR EN CHANS??

Hoxe cando os peixiños chegamos a clase estaba todo escuro e revolto. Que pasaría?..

Pois que o Capitán Gafio andaba a facer das súas.

Había unha nota de Campanilla e Peter Pam pedindo axuda para atopar o po de fada que lles quitou Garfio. Tamén había un mapa para poder atopalo. Tivemos que interpretar o mapa e buscar todas as pistas... buscamos polo areeiro, nas casiñas...ata que chegamos o punto que marcaba o mapa (a cociña da clase) e atopamos o po. Pero aínda tíñamos outra misión ... descubrir se era o autentico e para iso tiñamos que mesturalo co zume dun limón e se saía espuma era o po máxico. MISIÓN CUMPRIDA!!! QUE MÁIS SORPRESAS NOS AGARDAN?

SOCORROOOO, AXUDAAA!!! O CAPITÁN GARFIO LEVOU O POLVO DE FADA DE CAMPANILLA

PARA CONTINUAR COA MOTIVACIÓN DO NOVO PROXECTO, HOXE POLA MAÑÁ AO CHEGAR A AULA DAS BOLBORETAS, ATOPÁMONOS QUE TODO ESTABA A ESCURAS E DETRÁS DA PORTA HABÍA UNHA BOLSA DA QUE SAÍA UN GORRO DE PIRATA E DENTRO, UNHA PALLIÑA DE CAMPANILLA CUN PAPEL.
APRESURÁMONOS A COLLER TODO E LEVALO AO RECUNCHO DA ASAMBLEA PARA PODER AVERIGUAR O QUE DICÍA A MENSAXE OCULTA DENTRO DA PALLIÑA.
ERA UNHA MENSAXE DE AUXILIO DE PETER PAN E CAMPANILLA, PORQUE GARFIO LLES ROUBARA O POLVO DE FADAS.
AMOSÁRONNOS UN MAPA, TIVEMOS QUE INTERPRETALO (COUSA QUE NON FIXERAMOS ATA AGORA), PARA PODER ASÍ ATOPAR O POLVO DE FADAS.
UNHA VEZ ATOPADO,TIVEMOS QUE COMPROBAR SI ERA POLVO DE FADAS DE VERDADE.
BOTADE UNHA OLLADA PARA VER COMO O FIXEMOS.
POLVO DE FADAS - Kizoa Movie Maker

mércores, 8 de abril de 2015

PEGADAS DE LOBO!

AUUUUUUU! QUEREDES SABER O QUE PASOU HOXE NA CLASE DOS PEIXIÑOS?... POIS BOTADE UNHA OLLADA

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO: MALVADOS DE CONTOS

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO CON MOITA ILUSIÓN E ALGO DE MEDO.
ESTE PROXECTO SERÁ COMPARTIDO POR TODO O ALUMNADO DE INFANTIL, TANTO OS CATIVOS DE TRES, COMA OS DE CATRO E OS DE CINCO.
 HOXE POLA MAÑÁ, CANDO AS BOLBORETAS CHEGAMOS AO NOSO COLE, VIMOS UNHAS PEGADAS NO CHAN. 
PENSAMOS QUÉ ESTABA A PASAR, ASUSTÁMONOS, ALEGRÁMONOS,...., ATA QUE DESPOIS DE CONCRETAR ENTRE TODOS DE QUEN SERÍAN, DECICIMOS AVERIGUAR ATA ONDE NOS LEVABAN.
AS PEGADAS ENTRABAN NA CLASE E PERDÍASE O SEU RASTRO DEBAIXO DA MESA DA COCINIÑA.
SE QUEREDES SABER O QUE ALÍ ATOPAMOS, SÓ TEDES QUE VER O VÍDEO.
MALVADOS DE CONTOS - Kizoa Movie Maker

martes, 7 de abril de 2015

OVOS DE PASCUA

Para rematar o trimeste a clase dos peixiños fixo ovos de pascua dun xeito diferente, usamos pinzas e boliñas de algodón para decoralos.

luns, 6 de abril de 2015

ESTAMPAMOS FROITAS

Estamos rematando o trimestre e toca facer a portada dos nosos traballos. Esta vez OS PEIXIÑOS imos facer arte con froitas. E MOI DIVERTIDO!!!

ARTE ABSTRACTO CON FILM TRANSPARENTE

Na clase dos peixiños continuamos facendo arte e toca arte abstracto e para iso botamos un pouco de tempera no papel poñemos film transparente enriba e logo apretamos coas mans. QUEDA XENIAL!!!!

PINTAMOS A PRIMAVERA CON IOGUR

Remata o invernos e comeza a PRIMAVERA, así que iso é o que imos pintar na clase dos peixiños. Pero non con pintura normal senon que imos facer a nosa pintura mesturando FARIÑA,SUCRE, IOGUR, E COLORANTE. Xa somos todos uns expertos nisto de facer obras de arte, BOTADE UN OLLIÑO!

PINTAMOS O INVERNO CON LEITE

Continuamos coa nosa arte na clase dos peixiños e decidimos que como remata o inverno imos pintalo. Para continuar co tema da COCIÑA E OS ALIMENTOS imos usar leite o cal lle votamos un pouco de colorante de cores, despois añadimos xabón de lavar a louza, remexemos un pouco e xa temos a nosa pintura... So nos falta colocar o papel enriba deixar que absorba as cores e logo sacalo e deixalo secar. Unha vez seco decoramos o noso gusto e.... mirade como quedou! LEMBRADE QUE PODEDES VER MÁIS FOTIÑO CLICANDO NA CÁMARA DA DEREITA DO BLOGUE.