luns, 19 de xuño de 2017

Granxa Kirico


OS NENOS E NENAS DERON DE COMER AOS ANIMAIS
A

 FIXERON BOLACHAS DE CANELA
 COLLERON AOS ANIMAIS
 MUXIRON UNHA "VACA"

 E PASÁRONLO FENOMENAL!!!


xoves, 8 de xuño de 2017

OBSERVANDO A CONTORNA

Aproveitando a maravillosa contorna do cole, o alumnado de catro anos saliu a facer debuxos de observación da paisaxe, das árbores, da horta, do espantallo...Fixádevos que atentos están.
 Despois na aula  traballaron en plástica e  o vocabulario na pizarra dixital.

luns, 5 de xuño de 2017

CABALIÑOS DE MAR

Os nenos e nenas da clase de 3 anos, recibiron a visita de Sandra (nai de Martina) que nos fixo unha manualidade moi bonita dun cabaliño de mar ( tema do noso proxecto). Divertímonos moito facendo esta actividade! Moitas grazas pola visita e agardamos que volvas outro día!!! http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d118903210k4806932o1l1/cabalio-de-mar-2017

xoves, 1 de xuño de 2017

ZOO

O alumnado de 3 anos visitamos o Zoo de Vigo o 25 de Maio. Gozamos moito vendo os animais e fixemos un vídeo para que vos tamén gocedes da nosa saída. http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d117958075k3202015o1l1/zoo2017-i3

martes, 9 de maio de 2017

Visitanos un Oleiro!

O alumnado de 3 anos quedou abraiado ao coñecer unha nova profesión que emprega as mans! os oleiros! Encantounos que Carlos nos viñera visitar, nos falara da súa profesión e fixera con nos diferentes obxectos con barro. Moitas grazas pola visita, agardamos que queiras volver a nosa clase. http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d111967768k2155590o1l1/barro

mércores, 22 de marzo de 2017

ALGÚNS CÍRCULOS

O alumnado de 3 anos estamos inmersos na arte de Kandinsky. Reproducimos o cadro "ALGÚNS CÍRCULOS", agardamos que vos guste o resultado.

luns, 20 de marzo de 2017

LORENA FREIJEIRO

Lorena Freijeiro gozou moito cos nenos e nenas de 3 anos. Ademáis das fotos anteriores, fixemos un vídeo. MOITA GRAZAS POLA VISITA!

venres, 17 de marzo de 2017

LORENA FREIJEIRO

O mércores 8 de marzo festexamos O DÍA DA MULLER. Na nosa aula centrámonos na 1º muller Licenciada en Gaita, Lorena Freijeiro. Tivemos a gran sorte de que nos visitara acompañada de Marcelino e nos deixasen gozar da súa arte. Coñecemos diferentes instrumentos e poidemos tocar o bombo e o tamboril. SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS! Moitas Grazas pola visita!






UNHA MERENDA DIFERENTE

Hoxe os nenos e nenas de 3 e 4 anos gozamos merendando xuntos o aire libre. Fixemos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos compartindo momentos xuntos e disfrutando da natureza.








xoves, 16 de marzo de 2017

A GALIÑA TURULECA

O alumnado da clase de 3 anos gozou moito cantando e xogando a "LA GALLINA TURULECA".
Nuns ovos de plástico escribimos os números e uns puntiños representando a cantidade. Mentres todos cantabamos a canción, un deles camiñaba cunha cesta chea de ovos, ao rematar ensinaba un ovo a un compañeiro que era o encargado de dicir de que número se trataba , posteriormente todos contabamos os puntos que había no ovo para comprobar si era verdade ou non. Outra actividade que realizamos foi meter dentro do ovo a cantidade que representa.
Tamén o fixemos o xogo coas vogais, unindo maiúsculas e minúsculas.
Unha actividade diferente que nos axudou a emparexar número e cantidade, as vogais maiúsculas e minusculase a divertirnos aprendendo.


luns, 6 de marzo de 2017

OS AMIGOS DO "K"

Os nenas e nenas de Infantil 3 e 4 anos están coñecendo a arte. Esta avaliación coñecemos a Kandinsky e a Klee, por iso a nosa comparsa de entroido titulouse OS AMIGOS DO "K". Cada clase recreou o seu cadro no disfrace. Para que isto fose posible os pais e nais do alumnado participou nun taller de entroido. Os traxes quedaron MOI BEN e gozamos moito con está actividade en conxunto. Aquí vos deixamos un vídeo que recolle parte desta actividade familia-escola. Moitas grazas pola vosa participación e axuda en tódalas actividades escolares. http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d99493987k1292643o1l1/entroido-2017-i3-4

luns, 20 de febreiro de 2017

SORPRESA!

Os nenos e nenas de 3 anos atopamos un agasallo moi especial na aula... SELOS DE MADEIRA PARA ESTAMPAR LETRAS!!! Puxémonos moi ledos! e axiña comezamos a actividade. Primeiro buscamos as letras dos noso nome e despois estampámolas na cartolina. Posteriormente pegamos un cadrado na folla e realizamos liñas rectas de moitas cores para practicar a grafomotricidade. Rematamos esta actividade moi alegres co resultado e decoramos a aula. Cada cartolina foi unha cousa diferente: araña, sol, cempés, xoaniña, unha cabeza con moitos brazos... cada artista puxo un nome diferente a súa obra. Agardamos que gocedes do noso traballo!


venres, 17 de febreiro de 2017

O MONSTRO DE CORES

Despois de ver, escoitar e ler o conto O MONSTRO DE CORES, decidi,os que debía vivir na nosa aula. Comezamos a colorear e pegar distintos materiais. Aínda non están rematados... NON SEXADES IMPACIENTES.... AXIÑA VOS MOSTRAREMOS O RESULTADO FINAL

 

mércores, 15 de febreiro de 2017

UN BEBEDIZO MÁXICO

FIXEMOS UN BEBEDIZO MÁXICO PARA ESTAR MÁIS FORTES E NON ACATARRARNOS

PARÉCESE MOITO O ZUME DE LARANZA MÁIS ESTE LEVA OLLOS DE SERPE, ESCAMAS DE DRAGÓN ...E OUTRAS COUSAS MÁXICAS...




mércores, 8 de febreiro de 2017

FACEMOS MAXIA COA BRUXA EMMA

O ALUMNADO DE CATRO ANOS RECIBIU A VISITA DUNHA BRUXA MOI BOA.
VIÑA ACOMPAÑADA DUNHA AXUDANTE ESPECIAL, DANIELA...QUE  LEMBRÁBANOS A UNHA NENA MOI COÑECIDA...
 FIXO MAXIA: CALABRÍN CALABRESA
 POR DIANTE E POR DETRÁS

E AS MANS, COS FEITIZOS, DE CORES VERÁS

luns, 6 de febreiro de 2017

Paul Klee co noso corpo



O alumnado de catro anos está a desenvolver unha actividade creativa baseada no pintor Paul Klee.

Na aula de psicomotricidade xogaron a facer as figuras dos cadros cos seus corpos


                                                                  TRIÁNGULO
 
                                                               
                                                                     RECTÁNGULO               
                                      

                                                                           CÍRCULO


                                                                       CADRADO
 


martes, 31 de xaneiro de 2017

O CALDIÑO DO XOSÉ

O mércores 25 de xaneiro, o alumnado de Infantil recibiu unha visita moi especial. A mamá de Roi (1° Primaria) converteuse nunha cociñeira contacontos.
Gozamos moito co conto, participamos no relato, cantamos e bailamos con moito ritmo.
 Moitas grazas Ana!!!



luns, 30 de xaneiro de 2017

AS EMOCIÓNS

O alumnado de 3 anos está coñecendo as emocións. Estamos traballando con diferentes contos, vídeos, obras de artes ...
Cada día falamos de como nos sentimos e que é o que nos fai ter ese sentimento. Ademáis gustanos moito dramatizar as emocións. Fixemos moitas fotos, agardamos que vos gusten as nosas CARAS EMOCIONANTES.











mércores, 18 de xaneiro de 2017

Visitamos Alcampo

 O alumnado de Infantil de catro anos visitou o hipermercado Alcampo.Foi una experiencia fantástica dende que colleron o bus ata que chegaron e déronlles unha roupa especial para visitar o almacén que lles quedaba moooooi grande
 ( "que pinta temos")
Poideron ver as frutas exóticas,a carnicería, a peixería, a panadería,diversos corredoiros,tomaron pan quentiño, croquetas...



 O rematar convidáronnos a una merenda. Quedaron encantados!!

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Chegou o inverno a Chans

Na aula de 3 anos estamos moi ledos coa chegada do inverno. Temos moitas ganas de investigar esta nova estación. Para comezar decidimos decorar a aula, hoxe modificamos a nosa porta.  Con esta actividade fixemos un crebacabezas e decoramos a roupa de inverno con grafo creativa. Agardamos que vos guste