xoves, 16 de marzo de 2017

A GALIÑA TURULECA

O alumnado da clase de 3 anos gozou moito cantando e xogando a "LA GALLINA TURULECA".
Nuns ovos de plástico escribimos os números e uns puntiños representando a cantidade. Mentres todos cantabamos a canción, un deles camiñaba cunha cesta chea de ovos, ao rematar ensinaba un ovo a un compañeiro que era o encargado de dicir de que número se trataba , posteriormente todos contabamos os puntos que había no ovo para comprobar si era verdade ou non. Outra actividade que realizamos foi meter dentro do ovo a cantidade que representa.
Tamén o fixemos o xogo coas vogais, unindo maiúsculas e minúsculas.
Unha actividade diferente que nos axudou a emparexar número e cantidade, as vogais maiúsculas e minusculase a divertirnos aprendendo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS