No noso castelo misterioso, atopamos un conto e unha cousa verde que non tiñamos nada claro do que se trataba.
Despois das emocións iniciais, sentámonos na cortiza e comezamos a falar do que podería ser aquelo.
Houbo moitas opinións: é un anaco de cemento, dixo un; unha luva, dixo outro; un gorro;...
Despois de moito pensar e discutir, houbo alguén que dixo: "Pro, xa teño a solución: é un CELEBRO".
NooooooN, dixo outro. Dise CEREBRO.
Unha vez que xa sabiamos do que se trataba, comezamos a falar sobre que facía, onde estaba, de que cor era,...
Pero só podía falar aquel neno ou nena que tivera o gorro de cerebro posto.
E aí tedes aos vosos CEREBRIÑOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS