martes, 23 de febreiro de 2016

EXERCITAMOS O NOSO CEREBELO

Aquí tendes ás bolboretiñas xogando co seu novo xogo de equilibrio.

O ENCÉFALO

O luns cando chegamos á clase, atopamos no castelo, un paquetiño cunha nota.
Quixemos abrilo moi rápido, así que lle pedimos á mestra que lera a nota para poder abrilo axiña.
Explicóunos que aínda que lle chamamos cerebro a todo, realmente chámase encéfalo e que ten tres partes: cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo.
E díxonos que o cerebelo intervén no equilibrio e na coordinación de movementos. Así que estivemos facendo equilibrio e movementos coma se fosemos uns verdadeiros equilibristas.
Despois abrimos o agasallo e comprobamos que era "un xogo para exercitar o equilibrio" e enseguida quixemos xogar.




UNHA NOVA FORMA DE PASAR LISTA

Comezamos a facernos maiores, e aproveitando que estamos co proxecto do "cerebro", o venres apareceu na aula unha nova forma de pasar lista.
Son distintas imaxes do cerebro que simbolizan cousas que podemos facer grazas  a él.
Pero o cambio non foi só iso. A mestra díxonos que coma xa estamos facéndonos moi maiores, íamos deixar de pasar lista coas fotos dos nosos compañeir@s e de súpeto, sacou os nosos nomes sen foto e, o máis importante, EN LETRAS MINÚSCULAS.
Explicóunos que a primeira letra sempre vai en maiúscula porque é un nome, pero que as demáis van en minúscula.
Agora temos que estar máis atentos para saudar aos nosos amigos pola mañá, pero estámolo facendo XENIAL e estamos moi motivados.






COMO É UNHA NEURONA

Como xa saberedes, xa estamos inmersos no novo proxecto do CEREBRO.
A semana pasada, estivemos traballando e estudando AS NEURONAS e A SINAPSIS que fan entre elas. Estivemos falando das distintas partes dunha neurona, tamén vimos vídeos das neuronas e vimos cómo se producía a sinapsis.
Gustóunos tanto que logo fixemos a nosa propia neurona.
A mestra botounos témpera de cor vermella e cunha palliña tiñamos que soprar para que se extendera a pintura e puidese formarse.
Aquí deixovos unhas fotiños.

mércores, 17 de febreiro de 2016

NEVA EN CHANS!!!!

Esta semana, como puidechedes comprobar, baixaron moito as temperaturas e ata chegou a nevar na clase das bolboretas.
Botade unha ollada da pista de esquí que construiron os vosos fillos, onde aproveitamos para falar da cor das distintas pistas según o grao de dificultade e das cousas que se poden facer e non facer na neve; ademáis de traballar moito a motricidade fina.


domingo, 14 de febreiro de 2016

XOGAMOS A SUPERAR RETOS COS NOSOS NOMES

O venres a mestra mandóunos coller os nosos nomes que temos nas cadeiras e puxémolos na cortiza.
Díxonos que se estabamos dispostos a superar retos e, sen saber ben o que significaba eso, dixemos un pouco dubidosos que si.

E estos son os retos que superamos xogando coas letras dos nosos nomes.
PRIMER RETO: atopar un nome que non teña a letra E.
SEGUNDO RETO: atopar un nome que non teña a letra A.

TERCER RETO: atopar un nome que teña a letra A, catro veces.
CUARTO RETO: atopar un nome que teña a letra X.
QUINTO RETO: atopar un nome que teña ao señor do diñeiro "D".
SEXTO RETO: atopar un nome que teña á doutora "T".

SÉPTIMO RETO: atopar un nome que teña áseñora de montaña "M".
E foi así como pouco a pouco fomos capaces de superar todos os retos que a mestra nos puso.
Pasámolo xenial!!!.

xoves, 11 de febreiro de 2016

AS BOLBORETAS COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO: O CEREBRO

Hoxe, ao chegar a clase, unha sorpresa nos agardaba.
No noso castelo misterioso, atopamos un conto e unha cousa verde que non tiñamos nada claro do que se trataba.
Despois das emocións iniciais, sentámonos na cortiza e comezamos a falar do que podería ser aquelo.
Houbo moitas opinións: é un anaco de cemento, dixo un; unha luva, dixo outro; un gorro;...
Despois de moito pensar e discutir, houbo alguén que dixo: "Pro, xa teño a solución: é un CELEBRO".
NooooooN, dixo outro. Dise CEREBRO.

Unha vez que xa sabiamos do que se trataba, comezamos a falar sobre que facía, onde estaba, de que cor era,...
Pero só podía falar aquel neno ou nena que tivera o gorro de cerebro posto.
E aí tedes aos vosos CEREBRIÑOS.





xoves, 4 de febreiro de 2016

FESTIVAL DE ENTROIDO


OS PREVIOS AO FESTIVAL

Xa que mañá disfrazarémonos de "ratos e ratiñas", aproveitamos o día de hoxe para xogar ao xogo "Ratón que te pilla el gato" e despois, fixemos a nosa máscara de gato.
Sodes quen de adiviñar que gato será o voso rato ou ratiña mañá.

ADIVIÑAS DE QUE CONTO SON?

Como mandou o Meco, as bolboretas hoxe caracterizáronse coma se persoaxes de contos se tratasen.
Botade unha ollada para adiviñar de que conto saiu cada un.