A semana de Samaín, a mestra repartiu uns folios verdes e botounos un pouco de témpera negra.
Déunos uns bastoncillos, e con eles tivemos que construir arañas arrastrando a témpera.
Ó día seguinte, as nosas arañas xa estaban secas, co que a mestra dixo que tiñamos que encerrar a cada unha na súa tea de araña, para que non escapasen; polo que collimos unha cera branca e a cada araña lle fixemos a súa propia tea.
E así foi como quedou o noso traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS