Unha semana máis tarde, quixemos volver a xogar, pero agora a mestra volveuno complicar.
Deixounos en cada mesa 20 ovos de chocolate que por grupos tiñamos que contar, e unha vez que souberamos o número, na pizarra teríamolo que apuntar.
Foi todo un traballo de equipo, e despois de moito pensar e recontar, todos os grupos, conseguiron escribir o seu número na pizarra.
Pero agora viña o máis complicado: TIÑAN QUE REPARTIR os ovos entre os membros do seu equipo,de xeito que todos tiveran o mesmo número de ovos.
Foi unha tarefa bastante difícil, pero ao final, CONSEGUÍRONO.
BRAVO POR ESTAS BOLBORETIÑAS!!!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS