Acerca de min
luns, 30 de novembro de 2015
CONTACONTOS CON BEATRIZ CAMPOS
Despois do recreo, tamén tivemos unha sesión de contacontos XENIAL, pois viu Beatriz Campos a visitarnos e contóunos varios contos.
Non perdimos detalle de ningún deles e pasámolo REQUETEBEN.

A DANZA DOS DRAGÓNS CHINOS
Hoxe estivemos viaxando ata China coa danza típica que sa fai alí para celebrar o ano novo chino.
E así de guapos estivemos escenificando esta danza tan particular.

martes, 24 de novembro de 2015
O CONTO DO DRAGÓN DE GAUDÍ
A mestra contoúnos un conto sobre o "dragón de Gaudí", un dragón triste e choromiqueiro porque non tiña alegría na súa vida e por iso era de cor gris.
Nós quixemos darlle esa alegría que o dragón precisaba e aprendimos de Gaudí a coller tódalas cores para enchelo de ledicia,
E aquí tendes o resultado do noso traballo.

Comezamos rasgando o papel |
Unha vez rasgados todos comezamos a pegalos |
E así foi como nos quedou. |
Xa sabemos traballar igual de ben que GAUDÍ |
xoves, 19 de novembro de 2015
AS BOLBORETAS FACEMOS O NOSO DRAGÓN
Cos tubos de papel que trouxeron ao cole os vosos peques, construíron o seu particular dragón.
Aí tendes a mostra do bonitos que lle quedaron.

domingo, 15 de novembro de 2015
GRAFISMO CREATIVO: AS NOSAS ARAÑAS NO SAMAÍN
A semana de Samaín, a mestra repartiu uns folios verdes e botounos un pouco de témpera negra.
Déunos uns bastoncillos, e con eles tivemos que construir arañas arrastrando a témpera.
Ó día seguinte, as nosas arañas xa estaban secas, co que a mestra dixo que tiñamos que encerrar a cada unha na súa tea de araña, para que non escapasen; polo que collimos unha cera branca e a cada araña lle fixemos a súa propia tea.
E así foi como quedou o noso traballo.

xoves, 12 de novembro de 2015
E AGORA DIVIDIMOS
Unha semana máis tarde, quixemos volver a xogar, pero agora a mestra volveuno complicar.
Deixounos en cada mesa 20 ovos de chocolate que por grupos tiñamos que contar, e unha vez que souberamos o número, na pizarra teríamolo que apuntar.
Foi todo un traballo de equipo, e despois de moito pensar e recontar, todos os grupos, conseguiron escribir o seu número na pizarra.
Pero agora viña o máis complicado: TIÑAN QUE REPARTIR os ovos entre os membros do seu equipo,de xeito que todos tiveran o mesmo número de ovos.
Foi unha tarefa bastante difícil, pero ao final, CONSEGUÍRONO.
BRAVO POR ESTAS BOLBORETIÑAS!!!!.

AS BOLBORETAS SUMAMOS E RESTAMOS OVOS DE DRAGÓN
O pasado mes de Outubro, a nai de Aroa trouxo a clase moitas caixas de bolachas que eran "OVOS DE DRAGÓN CON CHOCOLATE".
Para poder comelas, inventamos un xogo no que a mestra puña unha proba a cada neno e nena onde lle preguntaba: se tes dous ovos e che dou outros dous, cantos tes?; se tes un ovo, cantos che faltan para catro?; ....
E con probas deste tipo, traballamos as sumas e as restas ata o número 4.
E zamparon 4 oviños de dragón cada un.
O resto dos ovos, quedaron para outra ocasión.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)