mércores, 22 de marzo de 2017

ALGÚNS CÍRCULOS

O alumnado de 3 anos estamos inmersos na arte de Kandinsky. Reproducimos o cadro "ALGÚNS CÍRCULOS", agardamos que vos guste o resultado.

luns, 20 de marzo de 2017

LORENA FREIJEIRO

Lorena Freijeiro gozou moito cos nenos e nenas de 3 anos. Ademáis das fotos anteriores, fixemos un vídeo. MOITA GRAZAS POLA VISITA!

venres, 17 de marzo de 2017

LORENA FREIJEIRO

O mércores 8 de marzo festexamos O DÍA DA MULLER. Na nosa aula centrámonos na 1º muller Licenciada en Gaita, Lorena Freijeiro. Tivemos a gran sorte de que nos visitara acompañada de Marcelino e nos deixasen gozar da súa arte. Coñecemos diferentes instrumentos e poidemos tocar o bombo e o tamboril. SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS! Moitas Grazas pola visita!






UNHA MERENDA DIFERENTE

Hoxe os nenos e nenas de 3 e 4 anos gozamos merendando xuntos o aire libre. Fixemos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos compartindo momentos xuntos e disfrutando da natureza.








xoves, 16 de marzo de 2017

A GALIÑA TURULECA

O alumnado da clase de 3 anos gozou moito cantando e xogando a "LA GALLINA TURULECA".
Nuns ovos de plástico escribimos os números e uns puntiños representando a cantidade. Mentres todos cantabamos a canción, un deles camiñaba cunha cesta chea de ovos, ao rematar ensinaba un ovo a un compañeiro que era o encargado de dicir de que número se trataba , posteriormente todos contabamos os puntos que había no ovo para comprobar si era verdade ou non. Outra actividade que realizamos foi meter dentro do ovo a cantidade que representa.
Tamén o fixemos o xogo coas vogais, unindo maiúsculas e minúsculas.
Unha actividade diferente que nos axudou a emparexar número e cantidade, as vogais maiúsculas e minusculase a divertirnos aprendendo.


luns, 6 de marzo de 2017

OS AMIGOS DO "K"

Os nenas e nenas de Infantil 3 e 4 anos están coñecendo a arte. Esta avaliación coñecemos a Kandinsky e a Klee, por iso a nosa comparsa de entroido titulouse OS AMIGOS DO "K". Cada clase recreou o seu cadro no disfrace. Para que isto fose posible os pais e nais do alumnado participou nun taller de entroido. Os traxes quedaron MOI BEN e gozamos moito con está actividade en conxunto. Aquí vos deixamos un vídeo que recolle parte desta actividade familia-escola. Moitas grazas pola vosa participación e axuda en tódalas actividades escolares. http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d99493987k1292643o1l1/entroido-2017-i3-4