martes, 20 de decembro de 2016

Nadal en Chans

Os nenos e nenas de 3 anos estamos moi ledos porque quedan poucos días para Nadal. Fixemos moitas actividades. Deixámosvos unha presentación con diversas actividades. Agardamos que gocedes moito coa publicación e ... FELICES FESTAS! http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d85331167k5828202o1l1/nadal-2016-i3

mércores, 7 de decembro de 2016

CORES DE OUTONO

Os nenos e nenas de Infantil de 3 anos están moi ledos coa estación do Outono. Cantamos, bailamos, debuxamos, recitamos... moitas cantigas do Outono. A que máis nos gustou foi:

OUTONO CHEGOU
MARRÓN E AMALERO
OUTONO CHEGOU
FOLLAS SECAS NOS DEIXOU

As cores de outono chamáronos moito a atención, e queríamos observalas todo o tempo. Ocorréusenos facer un portavelas.

Fixemos un portavelas .
Para facer esta actividade empregamos: un bote de cristal, follas secas, papeis de cores, velas e cola branca.  Os pasos que seguimos foron os seguintes:
 1. Necesitabamos follas secas, polo que decidimos sair a contorna buscalas e observar as características desta estación.
2. Posteriormente cada alumno trouxo un bote de cristal e decorámolo coas follas e papeis de cores.
3. Metémoslle dentro unha vela.
4. Agora xa rematado imos gozar desta actividade na casa, obervando as cores do bote cando encendemos a vela.

Agardamos que gocedes moito co noso portavelas. Quedaron xenial!!!

Podedes ver o resultado na seguinte foto.




domingo, 19 de xuño de 2016

OVOS FRITIDOS CON PATACAS PARA ALMORZAR

O mércores pasado na clase das bolboretas, tivemos un almorzo un tanto especial. Fixemos "OVOS FRITIDOS CON PATACAS".
O primeiro que fixemos foi colocar un mantel e decorálo.
Despois, cociñamos o noso plato especial.
E por último, papámolo.
Foi un almorzo realmente xenial.


luns, 13 de xuño de 2016

VAN GOGH PINTANDO

Ola familias:
Deixovos un video que aos vosos peques lles encanta no que aparece Van Gogh pintando o cadro dos xirasois na sua casa de Arlés.


domingo, 12 de xuño de 2016

CANTAMOS UNHA CANTIGA SOBRE VAN GOGH



As bolboretas estamos a traballar, ademáis do proxecto do cerebro, un proxecto sobre VINCENT VAN GOGH.
Xa sabemos moitas cousas sobre o gran artista e tamén aprendimos esta magnífica canción.
Escoitade que ben o facemos.

sábado, 11 de xuño de 2016

OS COELLOS DE ISAAC


Tivemos unha semana con moitas visitas animais; coellos,pitiños e un periquito que Isaac quiso compartir cos seus compañeiros e compañeiras.Grazas !!!Encantáronnos!!

UNHA XORNADA ENTRE CABALOS (ALAZÁN)




Pasamos unha xornada estupenda entre os cabalos.Mirade todas as fotos e veredes que estilo temos montando!!

mércores, 1 de xuño de 2016

CONTACONTOS DO ALUMNADO DO INSTITUTO

O 25 de maio, o alumnado do IES Carlos Casares viñeron a nosa escola a contar unha morea de contos. Fixérono xenial e nós disfrutamos moitísimo. Para cada conto tiñan preparada unha posta en escena distinta, e nos gustaron tanto todos, que non saberiamos con cal quedarnos. Os contos cos que nos sorprenderon foron: "A GALIÑA AZUL", "COCORICO", "GATO AZUL E GATO VERMELLO", "O COELLIÑO BRANCO" E "A GALIÑA ROXA".

AVISPAS CON OVOS KINDER

Fai un tempo a mestra pediu a vosa colaboración para achegar á escola, ovos plásticos para facer unha manualidade. Sabedes o que fixemos cos ovos? Unhas simpáticas avispas. Tede moito coidado que non son inofensivas, pois ata lle fixemos o aguillón.

OS PENSADORES DE 4 ANOS

Onte estivemos a traballar sobre a escultura de Auguste Rodin, "El pensador",seguindo no proxecto do cerebro e concretamente, co sentido do tacto. E coma se fosemos obra de Rodin, fixemos de "pensadores". Sodes quen de adiviñar en qué estamos pensando?

martes, 31 de maio de 2016

O CORO DAS EMOCIÓNS - INFANTIL 5 ANOS

O venres 27 de maio o alumnado de 5 anos participou na actuación do Coro das Emocións. disfrutamos moito con esta actividade. Esperamos que vos gustara moito a actuación. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vos sigades emocionando cos nosas cancións.

xoves, 26 de maio de 2016

martes, 24 de maio de 2016

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS DE ESCOLA (09-2013)

Queremos recordar os nosos primeiros día de escola, en setembro do ano 2013. XA PASARON CASI 3 ANOS!!! medramos moito neste tempo! Que nostalxia nos da ver estas fotos! http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d46222049k9509789o1l1/promocion2013

CONSTRUÍMOS UN INSTRUMENTO MUSICAL

Fai dúas semanas, pedimos a vosa colaboración para poder construir un instrumento musical xa que estamos a traballar os sentidos dentro do proxecto do cerebro. Pois sabedes o que fixemos? Uns vistosos MINI BANJOS. Nas fotos refléxanse tanto o procedemento coma o resultado final. Botade unha ollada.

INFANTIL 5 ANOS

Este é o noso último ano en Infantil, estamos moi contentos co noso cambio de etapa. Aquí vos deixamos unhas fotos actuais. Nos vindeiros días colgaremos fotos de cando comezamos Educación Infantil. Medramos moito e aprendemos moitas cousas. Agardamos que vos gusten as nosas fotos de clase http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d46158215k3731388o1l1/i5-2016

xoves, 12 de maio de 2016

CANCIÓNS DAS NEURONAS


Se queredes escoitar na casa algunhas das cancións que estamos a traballar co proxecto do cerebro, só tendes que ver estes vídeos.
 







mércores, 11 de maio de 2016

AS BOLBORETAS RECIBEN A UN INVITADO

A principios do mes de marzo, apareceu na clase das bolboretas unha xoaniña cuns números. Estivemos mirándoa e examinándoa durante moito tempo, sen ter moi claro se tratábase ou non dun xoguete. Despois de moito pensar e investigar, cun pouco de axuda da mestra, descubrimos que era un temporizador. A mestra o puso a funcionar e encantóunos, así que decidimos bautizalo e empregalo en moitas ocasións na aula. Empregámolo na merenda, para contabilizar o tempo de xogos de mesa, ..., e para un sinfín de cousas. Sabedes como lle puxemos de nome? Pois chamámoslle TITí e aquí vola presentamos.

GRAFISMO CREATIVO E ARTE

Como ben sabedes, na clase das bolboretas non nos aburre traballar a grafomotricidade, xa que sempre tratamos de facelo do xeito máis creativo posible. Esto foi o que fixemos onte. Cada un fixo o seu cadro e despois, todos en conxunto, construímos un só.
Hoxe tocóunos facer un paiaso pero seguindo as indicacións que " O PAIASETE" nos daba. Fixémolo super concentrados e encantóunos a actividade.
E aquí tedes o resultado final. Que preciosos quedaron!!!

domingo, 6 de marzo de 2016

TRUENO: O NOSO ROBOT

A semana pasada, construímos un robot con material de refugallo, o que bautizamos por consenso co  nome de TRUENO, e ó que lle dimos vida cada vez que un de nós o puña.
Aproveitamos tamén para traballar a educación emocional, xa que cada neno tiña que expresar os seus sentimentos unha vez que fose robot e tamén mandar unha mensaxe positiva ou piropo a algún dos seus compañeiros.

martes, 23 de febreiro de 2016

EXERCITAMOS O NOSO CEREBELO

Aquí tendes ás bolboretiñas xogando co seu novo xogo de equilibrio.

O ENCÉFALO

O luns cando chegamos á clase, atopamos no castelo, un paquetiño cunha nota.
Quixemos abrilo moi rápido, así que lle pedimos á mestra que lera a nota para poder abrilo axiña.
Explicóunos que aínda que lle chamamos cerebro a todo, realmente chámase encéfalo e que ten tres partes: cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo.
E díxonos que o cerebelo intervén no equilibrio e na coordinación de movementos. Así que estivemos facendo equilibrio e movementos coma se fosemos uns verdadeiros equilibristas.
Despois abrimos o agasallo e comprobamos que era "un xogo para exercitar o equilibrio" e enseguida quixemos xogar.




UNHA NOVA FORMA DE PASAR LISTA

Comezamos a facernos maiores, e aproveitando que estamos co proxecto do "cerebro", o venres apareceu na aula unha nova forma de pasar lista.
Son distintas imaxes do cerebro que simbolizan cousas que podemos facer grazas  a él.
Pero o cambio non foi só iso. A mestra díxonos que coma xa estamos facéndonos moi maiores, íamos deixar de pasar lista coas fotos dos nosos compañeir@s e de súpeto, sacou os nosos nomes sen foto e, o máis importante, EN LETRAS MINÚSCULAS.
Explicóunos que a primeira letra sempre vai en maiúscula porque é un nome, pero que as demáis van en minúscula.
Agora temos que estar máis atentos para saudar aos nosos amigos pola mañá, pero estámolo facendo XENIAL e estamos moi motivados.






COMO É UNHA NEURONA

Como xa saberedes, xa estamos inmersos no novo proxecto do CEREBRO.
A semana pasada, estivemos traballando e estudando AS NEURONAS e A SINAPSIS que fan entre elas. Estivemos falando das distintas partes dunha neurona, tamén vimos vídeos das neuronas e vimos cómo se producía a sinapsis.
Gustóunos tanto que logo fixemos a nosa propia neurona.
A mestra botounos témpera de cor vermella e cunha palliña tiñamos que soprar para que se extendera a pintura e puidese formarse.
Aquí deixovos unhas fotiños.

mércores, 17 de febreiro de 2016

NEVA EN CHANS!!!!

Esta semana, como puidechedes comprobar, baixaron moito as temperaturas e ata chegou a nevar na clase das bolboretas.
Botade unha ollada da pista de esquí que construiron os vosos fillos, onde aproveitamos para falar da cor das distintas pistas según o grao de dificultade e das cousas que se poden facer e non facer na neve; ademáis de traballar moito a motricidade fina.