venres, 8 de maio de 2015

TALLER DE GRAFISMO E CREATIVIDADE

Este trimestre OS PEIXIÑOS estamos realizando un taller de GRAFISMOS E CREATIVIDADE nel ademáis de divertirnos imos desenrrolar as capacidades perceptivas, motrices e intelecuais e tamén imos favorecer a creatividade.As fichas de grafomotricidade son bastante aburridas para as mestras e aínda máis para os nenos, así que mediante este taller imos traballar todos estes conceptos pero de xeito divertido. Na primeira sesión fixemos raias rectas a partir dun círculo e despois pintamos os espacios de cores, quedou ESPECTACULAR!. En sesións posteriores traballamos as lineas curvas e os puntos e para iso primeiro fixemos unha festa de serpentinas e confeti e logo tentamos debuxalos, foi DIVERTIDISIMO!! gustounos bastante así que repetiremos. AH! tamén creamos o RECUNCHO DA GRAFO no que podemos pintar un monton de trazos con rotuladores de cores e borralos todas as veces que queiramos e tamén temos estradas de números nos que os coches viaxan a toda velocidade!. Podedes ver todas as fotos clicando na cámara

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLOS VOSOS COMENTARIOS