Acerca de min
mércores, 27 de maio de 2015
CONTOS CLÁSICOS EN INGLÉS
O alumnado de 5º Primaria convidounos aos nenos e nenas de 4 anos, a representación de 3 contos clásicos en Inglés. Interesounos moito esta proposta xa que esta avaliación traballamos o proxecto "MALOS DE CONTOS". Fixeron unha representación con monicreques (feitos por eles) e nos disfrutamos moito co conto de "Carapuchiña", "Xan e as fabas máxicas" e "Os 3 osos Riciños de Ouro".
MOITAS GRAZAS!!!
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d21115526k5295809o1l1/contos-en-inglés
luns, 25 de maio de 2015
A NENA E O GRILO
O xoves 7 de maio, todos os nenos e nenas de Educación Infantil acudimos o teatro ver a obra "A nena e o grilo no país das apertas". Divertímonos moito compartindo esta saída e disfrutando da música de Magín Blanco.
luns, 18 de maio de 2015
AS NOSAS PLANTAS
Na aula da Infantil de 4 anos estamos moi ledos polo crecemento das nosas prantas. Fai un mes que publicamos o que fixeramos coas fabas que atopamos na aula. Agora medraron e traansplantamos as nosas plantas. Coidámolas todos os días. Non medraron tanto coma as do conto "Juan y las habichuelas mágicas" pero... creceron moito
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20693213k1992861o1l1/as-fabas-2
O CAPITÁN GARFIO
Cando os nenos e nenas de 4 anos chegamos a clase, atopamos unha carta e accesorios descoñecidos. Entre todos investigamos e descubrimos que era a roupa do Capitán Garfio. Posteriormente atopamos po de fada e resultou ser VERDADEIRO!!!
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20686146k1257303o1l1/garfio
luns, 11 de maio de 2015
ESPELLIÑO, ESPELLIÑO MÁXICO
A semana pasada AS BOLBORETAS fixemos un photocall moi divertido. Nós queriamos ser como "Blancanieves" e fixemos o noso ESPELLIÑO MÁXICO.
Pero para que non quedase nunha mera fotografía, decidimos traballar cos NOSOS NOMES e COAS RIMAS.
E aquí tendes o resultado.
BLANCANIEVES - Kizoa Movie Maker
Pero para que non quedase nunha mera fotografía, decidimos traballar cos NOSOS NOMES e COAS RIMAS.
E aquí tendes o resultado.
BLANCANIEVES - Kizoa Movie Maker
domingo, 10 de maio de 2015
"ADIVINA CUANTO TE QUIERO"
ÁS BOLBORETAS ENCÁNTANOS ESTE CONTO. NEL TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS E GUSTANOS ESCOITALO UNHA E OUTRA VEZ.
DESPOIS DE ESCOITALO MOITÍÍÍÍSIMAS VECES, FACEMOS A NOSA "AGARIMOSA ADAPTACIÓN". COMO VEREDES, DÁMONOS APERTAS A NÓS MESMOS, APERTAS EN PARELLA,... PERO AS APERTAS QUE MÁIS NOS GUSTAN SON AS APERTAS COLECTIVAS .
venres, 8 de maio de 2015
UNHA MEIGA NA CLASE!!!
O mates os peixiños chegamos a clase e atopamos un sombreiro de bruxa. ... A BRUXA dos contos LEVOU AS NOSAS FABAS MÁXICAS!! Menos mal que os nosos amigos os peixiños MARTIÑO E PAULA avisáronnos cunha nota do que pasaba. A bruxa deixou os seus meigallos dentro dunhas flores máxicas que tivemos que abrir na auga para non enfeitizarnos. Mirade,mirade....... E se tendes ganas de máis podedes ver máis fotos e algún vídeo clicando na cámara.
TALLER DE GRAFISMO E CREATIVIDADE
Este trimestre OS PEIXIÑOS estamos realizando un taller de GRAFISMOS E CREATIVIDADE nel ademáis de divertirnos imos desenrrolar as capacidades perceptivas, motrices e intelecuais e tamén imos favorecer a creatividade.As fichas de grafomotricidade son bastante aburridas para as mestras e aínda máis para os nenos, así que mediante este taller imos traballar todos estes conceptos pero de xeito divertido. Na primeira sesión fixemos raias rectas a partir dun círculo e despois pintamos os espacios de cores, quedou ESPECTACULAR!. En sesións posteriores traballamos as lineas curvas e os puntos e para iso primeiro fixemos unha festa de serpentinas e confeti e logo tentamos debuxalos, foi DIVERTIDISIMO!! gustounos bastante así que repetiremos. AH! tamén creamos o RECUNCHO DA GRAFO no que podemos pintar un monton de trazos con rotuladores de cores e borralos todas as veces que queiramos e tamén temos estradas de números nos que os coches viaxan a toda velocidade!. Podedes ver todas as fotos clicando na cámara
CARLA TRAE A MERENDA!!
Carla fíxose unha experta cociñeira e trouxonos unhas riquíiiiisimas magdalenas para a merenda. MOITAS GRAZAS, ESTABAN BOÍSIMAS!!
AS FABAS MÁXICAS
SEGUEN ACONTECENDO COUSAS EXTRAÑAS NA CLASE DOS PEIXIÑOS!!. O outro día chegamos a clase e atopamos algodón, uns vasos e FABAS MÁXICAS!! así que entre todos decidimos plantalas e esperar a ver que acontece. O mellor podemos chegar as Nubes e coller o TESOURO do XIGANTE!
TENDES MÁIS FOTIÑOS NA CÁMARA
AXUDAMOS AOS 3 PORQUIÑOS
Os peixiños vendo que viña o LOBO decidimos axudar aos porquiños a construir as súas casas. Primeiro buscamos con que facelas e logo puxémonos mans a obra. Ollade que ben nos quedaron.
Tendes máis fotos clicando na cámara
martes, 5 de maio de 2015
COMO MEDRARON ESTAS FABAS!!!!
VAIA!!! POIS SÍ QUE ERAN MÁXICAS ESTAS FABAS QUE NOS DEIXOU JUAN. CANTO MEDRARON XA!!!
CADA DÍA EXAMINÁMOLAS, COMPARÁMOLAS, MEDÍMOLAS,..., E MIMÁMOLAS PARA QUE SIGAN MEDRANDO ATA CHEGAR AO TEITO. CONSEGUIRÉMOLO?
CADA DÍA EXAMINÁMOLAS, COMPARÁMOLAS, MEDÍMOLAS,..., E MIMÁMOLAS PARA QUE SIGAN MEDRANDO ATA CHEGAR AO TEITO. CONSEGUIRÉMOLO?
FLOCOS DE MILLO
ÁS BOLBORETAS GUSTÓUNOS TANTO ISO DE PAPARNOS A PRIMAVERA QUE QUIXEMOS REPETIR.
PERO ESTA VEZ FIXÉMOLO CON FLOCOS DE MILLO.
PERO ESTA VEZ FIXÉMOLO CON FLOCOS DE MILLO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)