Acerca de min
domingo, 20 de decembro de 2015
sábado, 19 de decembro de 2015
Traballando e descubrindo coas mans
Coas nosas mans podemos facer moitas manualidades e tamén coñecer as nosas pegadas dactilares,as radiografías,os ósos no esqueleto,preparar o Nadal...(Mirade máis fotos clicando na cámara)
PREMIO ADORNOS NAVIDEÑOS INFANTIL
DAMOS A NORABOA A NOSO COMPAÑEIRO DE TRES ANOS ALÉN IGLESIAS POLO PREMIO NO CONCURSO DE ADORNOS NAVIDEÑOS
xoves, 17 de decembro de 2015
BOAS FESTAS FAMILIAS!!!!
E con este divertido photocall que fixeron os rapaces de 4º, queremos desexar a tódalas familias un:
BO NADAL!!!! E UNHAS BOAS FESTAS!!!
AS BOLBORETAS FACEMOS O NOSO DERRADEIRO ADORNO
mércores, 16 de decembro de 2015
VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
O mércores saímos a coñecer a bibloteca "Xosé Neira Vilas".
Unha vez alí, amosáronnos toda a biblioteca, explicáronnos as súas normas; e despois, estivemos na zona propria da nosa idade, onde estivemos xogando, escoitando e lendo contos grazas a Mar, a bibliotecaria que nos adicou o seu tempo nesta visita.

TARTARUGAS NINJA
O martes seguimos elaborando adornos de nadal, e en esta ocasión, fixemos unha bola de "TARTARUGA NINJA". Fixemos a Leonardo e aquí vos deixo unhas fotos do chulísimas que quedaron.
luns, 14 de decembro de 2015
AS BOLBORETAS REMATAN O PRIMEIRO TRIMESTRE
Este trimestre está a piques de rematar, e despois de ter traballado e investigado moito, é o turno de facer cousiñas para decorar as nosas casas.
O venres, fixemos unhas árbores cos moldes das magdalenas.
Hoxe, luns, fixemos uns simpáticos pavos reais.
E mañá martes, temos outra sorpresa....
O venres, fixemos unhas árbores cos moldes das magdalenas.
Hoxe, luns, fixemos uns simpáticos pavos reais.
E mañá martes, temos outra sorpresa....
luns, 30 de novembro de 2015
CONTACONTOS CON BEATRIZ CAMPOS
Despois do recreo, tamén tivemos unha sesión de contacontos XENIAL, pois viu Beatriz Campos a visitarnos e contóunos varios contos.
Non perdimos detalle de ningún deles e pasámolo REQUETEBEN.
Non perdimos detalle de ningún deles e pasámolo REQUETEBEN.
A DANZA DOS DRAGÓNS CHINOS
Hoxe estivemos viaxando ata China coa danza típica que sa fai alí para celebrar o ano novo chino.
E así de guapos estivemos escenificando esta danza tan particular.
E así de guapos estivemos escenificando esta danza tan particular.
martes, 24 de novembro de 2015
O CONTO DO DRAGÓN DE GAUDÍ
A mestra contoúnos un conto sobre o "dragón de Gaudí", un dragón triste e choromiqueiro porque non tiña alegría na súa vida e por iso era de cor gris.
Nós quixemos darlle esa alegría que o dragón precisaba e aprendimos de Gaudí a coller tódalas cores para enchelo de ledicia,
E aquí tendes o resultado do noso traballo.
Nós quixemos darlle esa alegría que o dragón precisaba e aprendimos de Gaudí a coller tódalas cores para enchelo de ledicia,
E aquí tendes o resultado do noso traballo.
Comezamos rasgando o papel |
Unha vez rasgados todos comezamos a pegalos |
E así foi como nos quedou. |
Xa sabemos traballar igual de ben que GAUDÍ |
xoves, 19 de novembro de 2015
AS BOLBORETAS FACEMOS O NOSO DRAGÓN
Cos tubos de papel que trouxeron ao cole os vosos peques, construíron o seu particular dragón.
Aí tendes a mostra do bonitos que lle quedaron.
Aí tendes a mostra do bonitos que lle quedaron.
domingo, 15 de novembro de 2015
GRAFISMO CREATIVO: AS NOSAS ARAÑAS NO SAMAÍN
A semana de Samaín, a mestra repartiu uns folios verdes e botounos un pouco de témpera negra.
Déunos uns bastoncillos, e con eles tivemos que construir arañas arrastrando a témpera.
Ó día seguinte, as nosas arañas xa estaban secas, co que a mestra dixo que tiñamos que encerrar a cada unha na súa tea de araña, para que non escapasen; polo que collimos unha cera branca e a cada araña lle fixemos a súa propia tea.
E así foi como quedou o noso traballo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)