sábado, 19 de decembro de 2015

Traballando e descubrindo coas mans

Coas nosas mans podemos facer moitas manualidades e tamén coñecer as nosas pegadas dactilares,as radiografías,os ósos no esqueleto,preparar o Nadal...(Mirade máis fotos clicando na cámara)












PREMIO ADORNOS NAVIDEÑOS INFANTIL

DAMOS A NORABOA A NOSO COMPAÑEIRO DE TRES ANOS ALÉN IGLESIAS POLO PREMIO NO CONCURSO DE ADORNOS NAVIDEÑOS

xoves, 17 de decembro de 2015

BOAS FESTAS FAMILIAS!!!!

E con este divertido photocall que fixeron os rapaces de 4º, queremos desexar a tódalas familias un: BO NADAL!!!! E UNHAS BOAS FESTAS!!!

AS BOLBORETAS FACEMOS O NOSO DERRADEIRO ADORNO

Hoxe xoves, elaboramos o derradeiro adorno do 2015, un reno. Botade unha ollada e veredes o bonitos que quedaron.

mércores, 16 de decembro de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

O mércores saímos a coñecer a bibloteca "Xosé Neira Vilas".
Unha vez alí, amosáronnos toda a biblioteca, explicáronnos as súas normas; e despois, estivemos na zona propria da nosa idade, onde estivemos xogando, escoitando e lendo contos grazas a Mar, a bibliotecaria que nos adicou o seu tempo nesta visita.

TARTARUGAS NINJA

O martes seguimos elaborando adornos de nadal, e en esta ocasión, fixemos unha bola de "TARTARUGA NINJA". Fixemos a Leonardo e aquí vos deixo unhas fotos do chulísimas que quedaron.


luns, 14 de decembro de 2015

AS BOLBORETAS REMATAN O PRIMEIRO TRIMESTRE

Este trimestre está a piques de rematar, e despois de ter traballado e investigado moito, é o turno de facer cousiñas para decorar as nosas casas.
O venres, fixemos unhas árbores cos moldes das magdalenas.
Hoxe, luns, fixemos uns simpáticos pavos reais.

E mañá martes, temos outra sorpresa....